venres, 10 de novembro de 2017

O outono

Para celebrar esta estación e facer unha actividade un pouco diferente esta semana marchamos de paseo polo noso cole e fixemos algúns vídeos, despois xuntamos todo e de fondo cantamos unha canción que aprendemos na clase de música. 

Pasámolo estupendo e o resultado final podédelo ver a continuación. Un auténtico "videoclip" do outono. 

Deixámosvos o enlace para que poidades ver a estes artistas da clase de primeiro na televisión Casa do Neno.

Esperamos que vos guste!