Amosando publicacións coa etiqueta FIN DE CURSO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FIN DE CURSO. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de xuño de 2024

FIN DE CURSO 
Queridas familias!
Queremos compartir con todos vós, unhas imaxes da celebración do derradeiro día de clase con tódolos compañeiros e compañeiras de primaria, na que cantamos o Himno Galego.
Rematamos o día, recibindo un ben merecido Diploma, no que nos felicitan polo excelente traballo realizado durante todo o curso.......máis que merecido!!!!!
O próximo curso seremos un pouquiño máis maiores e iremos para segundo, pero estamos seguros de que non perderemos o noso entusiasmo e sorriso.
Desexamos que teñades unhas moi boas vacacións de verán!!!