Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de febreiro de 2025

Un día no laboratorio!

 Como xa ben sabedes, no noso proxecto estamos a convertirnos en pequenos científicos e científicas. E, como bos científicos/as, estamos facendo diferentes experimentos de cando en vez para ir aprendendo.

Sen embargo, o outro día tivemos a oportunidade de ser científicos e científicas nun laboratorio de verdade! 

Grazas a Don Fernando, mestre dos maiores de secundaria, puidemos ir ao seu laboratorio a facer e a ver diferentes experimentos nos que traballamos a dureza, a resistencia, a conductividade.... e incluso fixemos unha nube dentro dunha botella!

Estamos aprendendo moito e, sobre todo, estámolo a pasar moi ben grazas á ciencia!

Deixámosvos aquí unha serie de fotos e vídeos para que poidades ver o ben que o pasamos!



luns, 20 de xaneiro de 2025

¿MAGIA? NO, ¡CIENCIA!

 Empezamos un novo proxecto e entre nervios e ilusión percorremos a clase coa nova decoración nada máis chegar ao cole; aínda que tivemos que ter moito coidado ao entrar porque había unha cinta na porta que poñía perigo!


Este trimestre ímonos convertir en científicos para coñecer o mundo e descubrir de que están feitas as cousas. Empezamos coa situación de aprendizaxe na que, primeiro, fixemos uns pequenos experimentos para poñer a proba os nosos sentidos. Algo blandiño e algo áspero, un cheiro agradable e un desagradable, algo cun sabor amargo e algo cun sabor máis doce...

E despois, como colofón, fixemos un experimento no que creamos o noso propio peixe globo! Enchemos un dedo dun guante de plástico con vinagre, pechámolo cunha goma e metímolo dentro dun globo. Despois enchimos ese globo con bicarbonato e o pechamos.

Despois, cun golpe seco, o vinagre do dedo sóltase e, ao reaccionar co bicarbonato, xenerou CO2 que hinchou o noso peixe globo!



Despois acabamos facendo a rutina de pensamento CSI, na que expresamos todas as ideas que sacamos sobre o que fixemos durante o día.


E, para rematar, acabamos ca metacognición inicial, na que reflexionamos sobre o que cremos que pasará neste novo proxecto respondendo ás preguntas que se nos fan.


En resumo, foi unha mañá moi intensa e de moitas emocións, que nos preparou para un proxecto cheo de aventuras. Estades preparados/as para acompañarnos?

mércores, 18 de decembro de 2024

SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS COTIÁS

 Coma coletazo final do noso primeiro proxecto, Sempre Alerta, queríamos coñecer as profesións dos nosos superheroes e superheroínas favoritos, os nosos pais e nais. Tivemos a sorte de que moitos deles se acercaran á nosa clase para explicarnos un pouco como é o seu día a día nos seus diferentes traballos.

Con estas visitas, a parte de aprender moito sobre profesións moi diferentes, tamén aprendimos que todas as profesións son moi importantes e que hai que valorar o tremendo esforzo que eles e elas fan por todos nós.

Podedes clicar AQUÍ para ver as fotos de todas as visitas que tivemos durante estes días.

venres, 6 de decembro de 2024

CELEBRACIÓN DA APRENDIZAXE

 Despois de varios meses de moito traballo e esforzo, por fin podemos dicir que rematamos o noso primeiro proxecto no cole de Primaria.  

Foron moitas semanas de aprendizaxes, de traballo e, como non, tivo o seu punto e final ca nosa celebración do aprendizaxe. 

Na tarde de onte, foi o momento de compartir cas familias o aprendido durante este trimestre, e de celebrar os aprendizaxes que fomos facendo día a día.

Aquí abaixo deixámosvos algunhas fotos para lembrar como foi o día de onte. 











mércores, 13 de novembro de 2024

EDUCACIÓN VIAL

Dentro da tarefa 3 do noso proxecto, Sempre Alerta, estamos a traballar os medios de transporte, as sinais de tráfico e as normas de educación vial a seguir como peóns.

Por iso, o pasado martes visitounos Pedro, policía local do concello de Narón, para explicarnos como experto en Educación Vial as diferentes normas que debemos seguir. Incluso nos deixou ver a súa praca de policía!

Despois disto, Pedro ensinounos un circuito que preparou para nós, no cal tiñamos que ir poñendo en práctica o que fomos aprendendo sobre as sinais de tráfico, os semáforos... para poder chegar ao final do mesmo sen ningún problema.

A maiores, tamén nos trouxo un pequeno robot co cal poidemos xogar e levalo a diferentes sitios tamén, por suposto, seguindo as normas de circulación.

Pasámolo moi ben e foi unha tarde moi divertida para nós. Deixámosvos abaixo unhas fotos para que poidades ver o ben que o pasamos.

Seguimos aprendendo!



Para ver máis, premer AQUÍ


mércores, 23 de outubro de 2024

A NOSA SUPERFAMILIA

Despois de traballar moi duramente, tanto na clase coma na casa, xa estamos preto de chegar ao ecuador do noso proxecto.

Estamos a piques de rematar a tarefa 2, na que traballamos o concepto da familia e tamén, entre outras cousas, aprendemos a facer a nosa propia árbore xenealóxica. 

Despois de traballar moito na clase e na casa, e grazas á axuda das nosas familias, onte á tarde presentamos a nosa árbore xenealóxica á nosa clase.

Explicamos cales eran os nosos avós, avoas, pais, nais, irmáns, irmás... e despois puxémolo no noso muro das evidencias, que xa empeza a estar ben cheo de cousiñas!

Deixámosvos por aquí algunhas fotos para que poidades ver como nos foi!
















luns, 30 de setembro de 2024

SEMPRE ALERTA!

 Hoxe comezamos o primeiro proxecto do curso, que levaremos a cabo ao longo de todo o trimestre.

Ao chegar ao cole atopámonos a nosa clase toda cambiada e decorada, cheo de cousas novas, e nos dimos conta de que empezaba unha nova aventura.

Preparámonos e o primeiro que fixemos foi percorrer o cole en busca de cousas perigosas, para poder axudar a todos os demais nenos e nenas do cole a que non lles pase nada malo. Eso é o que fan os superheroes e as superheroínas non?

Despois disto, ao chegar á clase deixamos as nosas reflexións sobre o que fixemos nun CSI (color, símbolo, imaxe).

E, para rematar, reflexionamos sobre o que cremos que vai a pasar e o que nos gustaría que pasase neste novo proxecto facendo a metacognición inicial.

Unha mañá moi intensa na que o pasamos moi ben e traballamos moitísimo. Podedes premer nesta foto para ver máis.

Bo inicio de proxecto!



luns, 16 de setembro de 2024

COMEZAMOS!

 Despois duns primeiros días de reencontros, e de adaptarnos un pouco ao cole dos maiores, hoxe comezamos o noso proxecto 0, titulado "Preparados, listos, xa".

Este proxecto 0 é un pequeno traballo que realizamos durante as primeiras semanas do curso, no que coñeceremos o noso novo cole a fondo, así como tamén as normas que debemos seguir e aprender e o material co que traballaremos nesta nova etapa. 

Entón, o noso desafío inicial consistiu nunha pequena xincana na que os nosos compañeiros e compañeiras da clase de 5º nos foron ensinando os diferentes espazos do colexio que iremos utilizando. 

En cada espazo, tiñamos que realizar unha actividade plantexada polos maiores para conseguir completar cada unha das zonas. 

A maiores, esta actividade tamén nos axudou a coñecer aos nosos padriños e madriñas da clase de 5º, que nos axudarán e nos guiarán durante este novo curso neste novo cole. 

Tras completar esta xincana, fixemos unha rutina de pensamento chamada COLOR, SÍMBOLO, IMAXE (CSI), que nos axudou a reflexionar sobre as actividades que acababamos de facer cos maiores.

Despois tamén fixemos a METACOGNICIÓN INICIAL, na que reflexamos os nosos sentimentos sobre o inicio deste novo proxecto e o que agardamos do mesmo. 

Para rematar o día, tivemos un ratiño para descansar e xogar. Dende logo, un día con moito traballo e cheo de moitas novidades.

Deixámosvos aquí abaixo algunhas fotos do que foi o día de hoxe. Xa estamos en marcha!






Fai clic aqui para ver máis 

mércores, 5 de xuño de 2024

Celebrando o día do medioambiente

Ola familias!

Os alumnos de Primeiro, na súa recta final do proxecto "Enraizados", esperamos con ilusión os resultados do horto do noso produto final. Pero a natureza ten os seus tempos e as veces e moi caprichosa, polo tanto teremos que agardar un chisco máis.

Mentres, como os alumnos de Primeiro somos moi inquietos e curiosos, decidimos colaborar cos nosos veciños de escola.

Hoxe, o día do mediambiente, co que estamos tan concienciados e sobre o que traballamos este trimestre, acompañamos as clases de 1º e 2º de Primaria aos alumnos de Secundaria para plantar unhas árbores no noso enorme xardín. O profesor de secundaria Don Fernando deixóunos prantar e regar.

Cun pouco de esforzo, agarimo, coidados e atención conseguiremos "enraizar" a estes grandes protagonistas da natureza. E será un orgullo poder velos crecer durante a nosa estancia como estudantes.

Un saúdo e gozade das fotos.