venres, 11 de xuño de 2021

PARTICIPANDO NA VIDA DO COLE

Os compañeiros e compañeiras de 5º de Educación Primaria están preparando o producto final do seu proxecto, que nesta ocasión consiste na preparación dunhas eleccións para obter o representante dos estudantes o próximo curso. 

Como en toda boa campaña escolar, están agora na fase de realizar os seus discursos para que o alumnado coñeza as súas propostas e ideas. 

Hoxe asistimos aos dous primeiros discursos, e nas próximas semanas coñeceremos ao resto de candidatos, para finalmente votar o próximo xoves 17. 





NUEVOS LECTORES

Continuamos con el reparto de diplomas lectores en estas últimas semanas a todos aquellos que siguen esforzándose día a día por mejorar en su lectura. 

¡Enhorabuena a todos y todas!



venres, 4 de xuño de 2021

TRABAJAMOS LAS HORAS

El curso está llegando a su fin, pero nosotros continuamos trabajando en los últimos contenidos que aprenderemos en él. 

Estos días nos toca aprender a leer en el reloj las horas en punto, y cuarto e y media, y estamos muy entretenidos en clase con nuestros relojes individuales y con juegos variados que nos ayudan a incorporar los nuevos contenidos. 





martes, 1 de xuño de 2021

TARDES DE EXPERIMENTOS

O noso proxecto vai chegando ao seu fin, e por esta razón, dentro da última tarefa, estamos apurando os últimos experimentos que tanto nos gustan. 

Hoxe fixemos dous, un sobre a cohesión da auga, na que pasamos a auga dun vaso a outro a través dun fío, e outro sobre a densidade dos líquidos, no que conseguimos encher un recipiente con catro líquidos diferentes, sen que estes se mesturasen. 

Solo por ver as cariñas de sorpresa e as ganas de ver o que pasaba, xa merece todo a pena!

Deixámosvos algunhas fotos das sesións de hoxe. 





DIPLOMAS LECTORES

Continúa el reparto de diplomas a todos y todas las lectoras que siguen como pequeñas hormigas leyendo a diario y cubriendo sus reseñas. 

¡Enhorabuena por vuestra constancia y esfuerzo!




xoves, 27 de maio de 2021

COÑECEMOS A ARQUÍMEDES

Hoxe coñecemos a Arquímedes e o seu principal principio. 

Por esta razón fixemos un experimento para comprobar que obxectos flotan e cales afunden. Primeiro anotamos o que nós pensabamos dun xeito inicial, e despois o que acontece na realidade. 






mércores, 26 de maio de 2021

REFLEXIONAMOS SOBRE O APRENDIDO

A terceira tarefa do proxecto chega ao seu fin e por esta razón reflexionamos sobre o aprendido utilizando a rutina de pensamento "Titulares" na que expoñemos catro ideas clave do que aprendemos traballando os inventos. 

Pouco a pouco aprendemos a pensar e a ser conscientes dos nosos avances no traballo diario. 




martes, 25 de maio de 2021

COMPARAMOS NÚMEROS

En clase de matemáticas hemos comparado números, y para esto hemos calculado cuántos mililitros absorben diferentes objetos.

Entre un trozo de algodón, un calcetín y una bayeta, la que más absorbió fue ésta última. 




luns, 24 de maio de 2021

DIPLOMAS LECTORES

Continúa o reparto de diplomas para os pequenos lectores da clase de 1ºque continúan avanzando nas súas lecturas diarias. 

Parabéns a todos e todas, porque estes diplomas son a recompensa a todo o traballo realizado día a día!




EDUCACIÓN EMOCIONAL

A historia do noso amigo Draco continúa semana a semana. Nesta ocasión, unha pequena ra ensinoulle como relaxarse e respirar profundo cando se enfadase moito. 

Así que nós tras escoitar a historia probamos a pechar os ollos e respirar despaciño para practicar por se algún nos fai falta utilizar a técnica da ra. 




Finalmente, fixemos unha pequena sesión de relaxación na que ademais de concentrarnos na nosa respiración, viaxamos a un lugar que cada un elexiu e practicamos como desconectar e sentirnos un pouquiño máis tranquilos. 




venres, 21 de maio de 2021

OS INVENTOS

Na terceira tarefa do noso proxecto estamos coñecendo os inventos máis importantes da historia da humanidade. A través deste percorrido histórico aprendemos como cambiou a vida das persoas con estes descubrimentos e inventos tan importantes. 

Desde xeito, cada un de nós fixo unha investigación na casa sobre un invento, e despois presentamos o invento ante os compañeiros para que o coñecesen. 




Contiamos despois aprendendo o que era unha liña do tempo e nela ordeámolos, desde o máis antigo ata o máis moderno. 



Aprendemos así a iniciarnos na investigación, a expoñer contidos ante os compañeiros e temos unha idea xeral da importancia dos descubrimentos na historia da humanidade, e como estes cambiaron o noso día a día. 

VERSOS DEBUXADOS

Dentro da celebración das Letras Galegas deste ano, o alumnado de primeiro coñeceu algúns versos das obras de Xela Arias, a homenaxeada no 2021. 

Primeiro realizouse unha lectura dos versos elixidos para despois facer un debuxo no que había que plasmar o noso entendemento sobre o lido e que nos transmitía, sentimentos, ideas, situacións...

Aquí podedes ver unha imaxe da creatividade e sentimento dos nosos pequenos.



xoves, 20 de maio de 2021

¡JAQUE MATE!

Las sesiones de ajedrez que realizamos de forma semanal siguen su curso, tal y como están programadas. Esta semana hemos empezamos a trabajar el jaque y todas las formas que tiene el rey para defenderse ante los ataques del equipo contrincante. 

Después de ver las diferentes tácticas que existen las hemos puesto en práctica jugando con nuestros compañeros y poniendo especial atención a nuestro rey. 







martes, 18 de maio de 2021

PRACTICAMOS DECENAS Y UNIDADES

Hoy hemos estado trabajando las decenas y las unidades en clase, apoyándonos con los palitos. Algunos de ellos están agrupados de 10 en 10, y atados con una goma, y otros están sueltos, lo que nos permite representar números de dos cifras y sumar y restar con ellos. 

De esta forma practicamos este contenido que resulta un poco abstracto a través de algo que podemos tocar y ver. 





ANIVERSARIO DE LEA

 Hoxe celebramos o aniversario de Lea no cole. 

Parabéns Lea!




xoves, 13 de maio de 2021

CONTADA

Cantas veces temos escoitado “non me contes contos”, pois nesta clase esta frase non ten cabida. Aquí vimos a contalos, pero como bos profesionais, enriba dun escenario. E como dirían os expertos neste campo: as nenas e nenos de primeiro fixeron unha “contada”.




venres, 7 de maio de 2021

VISITA ESPECIAL

Hoxe tivemos a gran sorte de recibir na nosa clase a Cecilia Pereira Marimón, Comisaria do Xacobeo 2021 e a súa compañeira Luisa Redondo, que quixeron coñecer de primeira man o proxecto que realizamos no segundo trimestre Campus Stellae. 

Entre moitos nervios e ganas de compartir o noso traballo, pouco a pouco explicámoslles todo o que fixemos ao longo dos tres meses que durou e tamén aproveitamos para preguntarlles polo seu traballo e moitas curiosidades sobre o Camiño de Santiago. 

Con elas pasamos un ratiño agradable e estamos moi agradecidos polo tempo que nos dedicaron e o cariño co que nos trataron. Esperamos velas moi pronto e desexámoslle BO CAMIÑO!











mércores, 5 de maio de 2021

TRABALLANDO NA NOSA HORTA

Onte pola tarde, durante a clase de Lingua Galega, a profe Antía ensinounos a plantar pirixel.

Previamente, falounos de todas as palabras relacionadas coa horta como a terra, auga, sol, fresar... e tras esa explicación inicial comenzamos a remover a terra por grupos, e despois, cada un plantou un trociño pequeno do pirixel. 

Non sabemos se a nosa plantación será moi rica pero desde logo pasámolo súper ben!