Amosando publicacións coa etiqueta Compartir. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Compartir. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de maio de 2024

COMPARTINDO O COÑECEMENTO

En moitas ocasións os contidos que traballamos nos proxectos teñen relación cos que traballan compañeiros e compañeiras doutros niveis. 

Nesta ocasión, os nenos e nenas de 1º compartimos unha tarefa en común cos nenos e nenas de 6º de Eduación Primaria, e que foi a vida saudable e o coidado do corpo humano. 

Por esta razón, os maiores prepararon unha clase especial para darlla aos máis pequenos da etapa, na que lles explicaron a importancia de coñecer o noso corpo, de seguir unha boa alimentación, de facer deporte, da prevención para coidar o corpo e a importancia da relaxación. 

Agradecemos moito o seu traballo, o tempo que nos dedicaron e poder aprender doutros compañeiros. Unha experiencia estupenda antes de rematar este último proxecto do curso. 







martes, 14 de maio de 2024

CUMPLEAÑOS DE ANDREA

Hoy hemos celebrado el cumple de Andrea en clase. 

¡Muchas felicidades Andrea!








luns, 22 de abril de 2024

ANIVERSARIO NICO R.

Hoxe celebramos o aniversario de Nico R. que onte sumou un aniño máis. 

Parabéns Nico!







venres, 12 de abril de 2024

ANIVERSARIO LUCÍA

Despois dalgúns días celebramos o aniversario de Lucía. 

Parabéns Lucía!





mércores, 21 de febreiro de 2024

CONVIVENCIA CON INFANTIL

Ayer pasamos un día precioso con nuestros compañeros y compañeras de 6º de Educación Infantil, que en unos meses pasarán a compartir con nosotros el mismo edificio. 

Desde la mañana estuvieron en nuestro edificio, pudimos enseñarle nuestra clase, los espacios del cole, comer con ellos y jugar juntos en el patio. 

Un día diferente en el que compartimos momentos y ayudamos a los pequeños a sentir este edificio también como su cole, y que en septiembre el cambio sea menos duro. 
















venres, 9 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024

Esta semana de diversión e festa, cada día tivemos un novo mandato a tola da Meca!

Un día calcetíns de cores, outro algo no pescozo, outro un mandil e por último unha gorra. Menos mal que o último día poidemos escoller a disfrace que quixemos! 

Deixámosvos algunhas fotos por aquí desta semana tan divertida!


















venres, 19 de xaneiro de 2024

CELEBRACIÓN DA APRENDIZAXE

Coma todo na vida, todo ten un principio e un fin. 

Onte rematamos o primeiro proxecto deste curso, que empezamos en setembro e que na tarde de onte tivo o seu punto final coa celebración da aprendizaxe. 

Un anaco de compartir coas familias, de mostrar o aprendido e de celebrar as aprendizaxes do día a día.