martes, 27 de abril de 2021

A CIENCIA CONTINÚA

Hoxe tocou de novo abrir o noso laboratorio e realizar novos experimentos. 

En concreto comprobamos a resistencia e a conductividade dos materiais. Fixémolo con dous experimentos moi divertidos; no primeiro metimos un ovo dentro dunha bolsa de agua con sal, e no segundo comprobamos nun circuito que materiais conducían a electricidade e cales non. 




Coma sempre, seguimos o método científico, no que comenzamos por observar e facernos preguntas e  continuamos desenvolvendo unha hipótese. 

Despois realizamos o experimento, e finalmente analizamos os resultados e sacamos unha conclusión. 


Deste xeito, estamos aprendendo pouco a pouco as propiedades dos materiais, pero sempre a través da experimentación e a práctica. 


venres, 23 de abril de 2021

SEMANA DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Hoxe, como cada 23 de abril, celebramos o Día do Libro no cole, e ademais, damos por iniciada a Semana de Animación á lectura, que celebraremos nos vindeiros días. 

Despois dunha inauguración vía online e respectando os protocolos COVID, todos os alumnos e alumnas do 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria desfrutamos duns minutiños xuntos, nos que falamos sobre o por que deste día, xogamos cos libros e asistimos á visualización do primeiro periódico "A Voz do Neno". 


Deixámosvos por aquí o enlace para que poidades velo. Nel hai noticias sobre o día a día do noso cole, que os alumnos e alumnas de cuarto e quinto de Educación Primaria editaron eles mesmos, utilizando a aplicación CANVA.

Esperamos que vos guste!

xoves, 22 de abril de 2021

TARDE DE CIENCIA

O noso proxecto está xa inmerso na primeira tarefa, na que traballaremos as propiedades da materia. 

Comenzamos a semana aprendendo os pasos do método científico, e agora que xa os coñecemos, hoxe realizamos dous experimentos, a través dos que aprendemos que a materia pode ser dura ou blanda, e que pode ser impermeable ou permeable. 

En cada experimento que facemos, cubrimos unha ficha sobre o método científico e despois autoavaliamos o noso traballo.

Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos e o moito que aprendemos!








ANIVERSARIO DE GABRIEL

 Hoxe é o aniversario de Gabriel e todos e todas o celebramos con el na clase!

Parabéns Gabi!




mércores, 21 de abril de 2021

LECTORES DE PRIMEIRA

Continúan aumentando os súper lectores que xa conseguiron o primeiro diploma de CARACOL LECTOR. 

Noraboa e a continuar esforzándose igual que ata agora!



venres, 16 de abril de 2021

AS NOSAS HABILIDADES

Dentro do noso proxecto de emocións, xunto coa Fundación Meniños, estes días estivemos falando sobre a AUTOESTIMA. 

Por esta razón, comenzamos bailando a danza das habilidades, na que cada un tiña que decir unha cousa que se lle dese ben. Pasámolo moi ben facéndoo porque ademais invitamos tamén a algúns profes que pasaban polo corredor a bailar con nós. 

A raíz desta actividade, ao longo de toda a semana, cada peque tivo que facer na casa a súa propia lista de habilidades, que hoxe compartimos con todos na clase. 



Parécenos fundamental lembrar aos nosos nenos e nenas todas as cousas que son capaces de facer, e que ademais fan moi ben, xa que ademais de mellorar a súa autoestima reforzamos a súa autonomía, fundamental nestes primeiros anos. 

Por outra banda, incorporamos á nosa aula un novo espazo, o TABOLEIRO DAS EMOCIÓNS, no que cada día poden elixir como se senten cambiando o seu nome dunha emoción a outra. 



LOS LITROS

En clase de matemáticas nos ha tocado hablar sobre los litros. 

Hemos aprendido que dentro de 1 litro pueden entrar dos medios litros, y de paso recordamos cómo representarlo a través de las fracciones. 

Como siempre, lo hemos hecho de manera práctica, llenando una botella de un litro y vaciándola en dos de medio litro. 



xoves, 15 de abril de 2021

PLAN DE EQUIPO

Co inicio do novo proxecto, na clase de primeiro xa desenvolvemos o noso plan de equipo, a través do cal tomamos conciencia do grupo no que traballaremos nos seguintes meses. 

Para facelo pensamos un nome que nos represente (relacionado co proxecto), un logo, pensamos os obxectivos comúns que como equipo queremos conseguir e tamén os compromisos persoais que cada un pensa cumplir como membro do equipo. 

Cada día facémolo mellor, e aínda que o traballo en equipo é unha tarefa que nos costa moito, debemos entrenala desde os primeiros cursos cada día, para conseguir resultados a longo prazo. 

Falando cos membros do equipo para chegar a un consenso. 


luns, 12 de abril de 2021

MOTIVACIÓN DO PROXECTO

Deixámosvos aquí un pequeno vídeo para que vexades o que fixemos está mañá no cole, coa motivación inicial do terceiro proxecto. 

Esperamos que vos guste! Nós, desde logo, pasámolo xenial!




QUE A CIENCIA TE ACOMPAÑE

Hoxe empezamos un novo proxecto, o terceiro deste curso.

Ao chegar ao cole todo estaba cambiado, e nada máis ler o título soubemos que o proxecto irá sobre a ciencia. O mellor foi que había cousas tapadas cunha manta e pasamos moitos nervios ata que soubemos o que había debaixo...






Como motivación inicial fixemos un pequeno experimento e despois aprendemos o que é un holograma.



Unha mañá súper divertida, na que rematamos facendo a metacognición inicial, que como xa explicamos noutras ocasións, é o momento para reflexionar sobre o proxecto que imos comenzar. O mellor de todo foi ver as súas cariñas ao entrar e como reflexionaron na última pregunta

Preme na imaxe para ver máis.

Empeza de novo a aventura en 3, 2, 1...


xoves, 8 de abril de 2021

PRACTICAMOS CON EL DINERO

En clase de matemáticas este trimestre estamos ya inmersos con los billetes de euro, aprendiendo a sumarlos, a encontrar las cantidades que nos piden e incluso a buscar la misma cantidad de varias formas, lo que nos permite cambiar dinero entre nosotros. 

Entre las muchas actividades que hacemos, una de las que más nos gusta son los Matijuegos, que hacen que trabajemos contenidos del currículum de una manera divertida. 

En este caso, uno hace de banco y los demás deben lazar el dado y el banco debe darles tanto dinero como ponga en la casilla en la que han caído. El problema es que al banco se le acaba el dinero y deben cambiarle a menudo para que pueda continuar administrándoles efectivo... Y gana el que llega a 200 €.

¡Esto de tener tanto dinero es muy divertido y siempre terminamos la clase pensando a qué invitará el compañero que más dinero ha ganado!







mércores, 7 de abril de 2021

SÚPER LECTORES

Os nenos e nenas da nosa clase son uns súper lectores, e as reseñas dos seus libros non fan máis que medrar e medrar. 

Onte recibiron os seus diplomas polo esforzo lector algúns deles, e nos próximos días seguro que o fan moitos máis. 

Noraboa polo voso esforzo e compromiso!



O TEMPO ATMOSFÉRICO

Estes días na clase de primeiro estamos empezando a coñecer os símbolos que representan o tempo meteorolóxico. 

Coma sempre, creemos que non hai mellor forma de aprender que analizando a realidade, así que analizamos algúns mapas e á vez traballamos en equipo aplicando a técnica de Lápices ao centro. 

Nos próximos días seguiremos contándovos como avanzan as nosas clases. 





martes, 6 de abril de 2021

ANIVERSARIOS DE JORGE E MARTÍN V.

Hoxe celebramos os aniversarios de Martín V. e Jorge, que sumaron anos o día 3 de abril. 

Parabéns aos dous!





O CAMIÑO DE SANTIAGO - PRODUCTO FINAL

Despois de todos estes meses de traballo, por fin podemos presentarvos o noso producto final deste segundo proxecto do curso. 

Os peques de 1º de Educación Primaria decidiron ensinar a outros nenos e nenas todos os seus coñecementos sobre o Camiño de Santiago, e para iso, utilizamos a técnica do croma para gravar pequenos vídeos nos tres idiomas que estudamos no cole; deste xeito, chegará a moitos máis nenos de diferentes lugares do mundo. 

Deixámosvos aquí os enlaces aos vídeos, e tamén o folleto de propaganda que fixemos, no que para acceder aos vídeos debemos escanear os códigos QR. 

Esperamos que vos guste e que aprendades moitas cousas con eles!

Bo Camiño e Bo Ano Santo Xacobeo 2021!