Amosando publicacións coa etiqueta LetrasGalegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LetrasGalegas. Amosar todas as publicacións

xoves, 1 de xuño de 2023

Coñecendo o baile galego

 Este pasado martes, como parte das actividades que fixemos para celebrar as Letras Galegas, tivemos unha visita moi especial!

Veunos a ver ao cole Fernando, membro da coñecida asociación de baile galego Xacarandaina, que nos explicou un pouquiño máis sobre a tradición do baile galego na nosa comunidade. A súa orixe, os diferentes tipos de vestimenta e de bailes...




Despois, incluso nos animamos a aprender algúns pasiños de baile e tamén un par de ritmos para tocar cunha pandeireita ou que poderíamos tocar incluso cun libro!




Moitas grazas Fernando pola túa visita, e por ensinarnos máis cousiñas sobre algo tan importante para a nosa cultura como é o baile!

mércores, 18 de maio de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hola a todas y todos, vengo a contaros una actividad a la que asistimos este lunes 16 de mayo con motivo del día de las Letras Galegas y que nos encantó por lo bien que lo hicieron todos los participantes.


El alumnado de 3º de Educación Primaria representó para todo el colegio el himno gallego con su xilófono. Después le tocaría el turno al profesor Javier, que coordinó a varios alumnos del centro y nos tocó unas piezas relacionadas con la cultura gallega con varios instrumentos como la batería, trompeta, tuba, etc... y unas alumnas también bailaron una muiñeira a la vez.


Aquí os anexo unas cuantas fotografías para ver lo bien que quedó todo.





QUEIMADA DA FELICIDADE

 Co motivo do día das Letras Galegas nos cursos de 1º e 2º de Educación Primaria, fixemos unha "queimada" chamada da felicidade. Modificamos algúns dos seus ingredientes habituais e na súa elaboración participaron todos os nenos e nenas e o final poideron probala. Estaba moi doce o moco de trol!

MOI BOA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!






venres, 21 de maio de 2021

VERSOS DEBUXADOS

Dentro da celebración das Letras Galegas deste ano, o alumnado de primeiro coñeceu algúns versos das obras de Xela Arias, a homenaxeada no 2021. 

Primeiro realizouse unha lectura dos versos elixidos para despois facer un debuxo no que había que plasmar o noso entendemento sobre o lido e que nos transmitía, sentimentos, ideas, situacións...

Aquí podedes ver unha imaxe da creatividade e sentimento dos nosos pequenos.