venres, 31 de xaneiro de 2020

Las emociones

Esta semana hemos estado hablando de las diferentes emociones que conocemos. Hemos hablado de la alegría, la tristeza, el enfado... 

Lo hemos hecho a partir de diferentes situaciones propuestas, que ellos mismos tenían que leer, y luego diciendo cómo nos solemos sentir en cada una de ellas, analizando luego entre todos dicho sentimiento. 


xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Aínda que o noso obxectivo é que os nenos e nenas entendan a Paz é algo do día a día, e que non podemos esquecernos o resto do ano dela, hoxe, no colexio celebramos esta conmemoración.

Fixémolo reuníndonos todos na biblioteca, facendo un mural grande coas nosas mans, cantando e bailando. 

Esperamos que esta mensaxe que hoxe deixamos alí continúe viva o resto do ano. 





Lectura en voz alta

Hoy hemos empezado a llevar a cabo el proyecto de lectura en voz alta en nuestra clase. 

Durante toda la semana los peques han practicado un par de hojas en casa, tratando de fijarse en el volumen de su voz, en su mirada y sus gestos, en su entonación...

El objetivo es aprender a leer un texto en público, a controlar nuestra voz y nuestro cuerpo y a enfrentarnos a situaciones similares, que seguramente en el futuro tengamos que vivir. Si empezamos desde pequeños esta práctica evitaremos muchos problemas más adelante. 

Haz clic en la imagen para ver más. 



mércores, 29 de xaneiro de 2020

O método científico

Continuamos aprendendo as características dos materiais, e facémolo a través de diferentes experimentos. 

Esta semana aprendemos o que era o método científico. Un conxunto de pasos que todo bo científico debe realizar cando quere investigar e demostrar algo. Explicámolos na clase, e a partir de agora, sempre que fagamos un experimento pasaremos por eles, para axudarnos a pensar e reflexionar sobre o que estamos a facer. 



Ademais disto, aprendemos que os materiais poden ser duros ou blandos, pero que tamén hai algúns fluidos que poden ter ambas cualidades, como os fluidos non Newtonianos. 


martes, 28 de xaneiro de 2020

Educación Emocional

Comenzamos como cada curso co proxecto de educación emocional que nos achega a Fundación Meniños, e que ten por título "Viaxe ao reino das emocións". 

A través da historia de Draco, un pequeno dragón que non sabe controlar moi ben as súas emocións, aprenderemos a entender un pouquiño mellor como nos sentimos. 

Farémolo nunha sesión semanal na que falaremos sobre conciencia emocional, autoestima, regulación emocional, resolución de conflictos e moitas cousas máis. 

De momento esta semana coñecemos a Draco, falamos das cousas que nos enfadan e de como reaccionamos antes esas situacións. A próxima semana seguiremos profundizando un pouquiño máis sobre este tema. 

Estade atentos porque volo contaremos todo por aquí!




luns, 27 de xaneiro de 2020

O tempo meteorolóxico

A nosa paisaxe de aprendizaxe sobre o tempo meteorolóxico chegou ao seu fin. 

Despois de realizar o percorrido completo de actividades, os peques chegaron á última parte, que consistía en gravar un programa de televisión retransmitindo o tempo; e así o fixeron. 

Para poder desenvolver a súa actividade utilizar o croma, que consiste nunha tela verde sobre a que se realizan as gravacións. Despois un programa informático fai o resto...


Tras a gravación do programa conseguiron a última peza do puzzle e poideron completar toda a gamificación da paisaxe. 


Rematamos deste xeito con esta unidade, e deixámosvos o resultado final do programa de televisión. Esperamos que vos guste. 


venres, 24 de xaneiro de 2020

As características dos materiais

Esta semana comenzamos a primeira tarefa do noso proxecto. As tarefas son as partes nas que se divide o proxecto, e dentro delas realizamos diferentes actividades. 

Nesta ocasión tocounos reflexionar sobre diferentes materiais, pensar nas súas características e finalmente reflexionar sobre os que tiñan unha procedencia natural ou artificial. 



Todo isto fixémolo primeiro a través dunha rutina de pensamento que se caha: "VEXO, PENSO, PREGÚNTOME". Nela reflexionamos sobre o que estamos a ver, o que pensamos ou sabemos sobre o que vemos, e finalmente que preguntas nos facemos sobre o tema. 

Facendo a rutina de pensamento no porfolio.
Despois, entre todos fixemos unha chuvia de ideas e reflexamos nela todos os materiais que se nos ocorrían de orixe natural e de orixe artificial. 



xoves, 23 de xaneiro de 2020

Aniversario

Esta semana celebramos o aniversario do noso compañeiro Manuel. 
Parabéns Manuel!



Ajedrez

Cada semana dedicamos una sesión de la clase de matemáticas o educación física al trabajo del ajedrez. Esta semana hemos aprendido cómo se mueve y captura la dama. 

Lo hemos practicado en el tablero gigante, en el tablero mural y en los de mesa. 

Además, hemos empezado a trabajar en el cuaderno de ajedrez, que nos propone pequeños retos para repasar lo aprendido en las sesiones. 






luns, 20 de xaneiro de 2020

Iago con Ginger

Esta fin de semana Ginger viaxou a casa de Iago. 
Noraboa Iago! Esperamos que o desfrutaras moito!


venres, 17 de xaneiro de 2020

Aniversario

Hoxe celebramos o aniversario de Candela.
Parabéns!






Simetría

En clase de matemáticas hemos aprendido lo que es la simetría, y lo hemos hecho de forma manipulativa. 

¡Os dejamos algunas fotos para que veáis lo bien que nos lo pasamos en clase de mates!





mércores, 15 de xaneiro de 2020

CIENTÍFICOS EN ACCIÓN!

Hoxe foi un día moi especial na nosa clase, xa que despois de varias semanas esperando, por fin comenzou o segundo proxecto do curso.

Vaia emoción cando vimos toda a clase cambiada! Enseguida soubemos que algo estaba a punto de pasar. E así foi...


Reencontrámonos de novo con Don Porfolio (así lle chamamos nós), resolvemos adiviñas, buscamos ingredientes para facer un experimento por todo o cole, fixemos un experimento chulísimo, reflexionamos coa Metacognición inicial e pasámolo xenial. 


Hoxe foi o día inicial, o da motivación, e a verdade é que foi bastante ben porque todos estamos desexando que pasen os días e cheguen novas sorpresas. 

Estade seguros que vos contaremos todo por aquí!

De momento deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.

Fai clic na imaxe para ver máis. 

luns, 13 de xaneiro de 2020

Andrea con Ginger

Esta fin de semana Ginger viaxou a casa de Andrea. 
Noraboa Andrea! Esperamos que o desfrutaras moito!


xoves, 9 de xaneiro de 2020

O tempo meteorolóxico

Estes días na clase estamos a traballar o tempo meteorolóxico e farémolo a través dunha paisaxe de aprendizaxe (xa vos explicamos en entradas anteriores en que consisten este tipo de actividades).

Nesta ocasión comenzamos por abrir a paisaxe na nosa tableta e aprendemos a buscar a actividade que nos toca realizar. Pouco a pouco somos máis competentes dixitalmente e facemos este tipo de tarefas máis rápido e dun xeito máis eficaz. 






Despois traballamos en equipo e analizamos diferentes mapas para aprender os símbolos que se utilizan nos pronósticos do tempo. 


mércores, 8 de xaneiro de 2020

Matemáticas

Después de unos días de merecido descanso volvemos a la carga con nuestras clases de matemáticas.

Tras practicar el cálculo mental y la resolución de problemas jugamos con un Matijuego para repasar el cálculo de sumas. ¡Qué bien nos lo pasamos!






mércores, 1 de xaneiro de 2020