venres, 24 de xaneiro de 2020

As características dos materiais

Esta semana comenzamos a primeira tarefa do noso proxecto. As tarefas son as partes nas que se divide o proxecto, e dentro delas realizamos diferentes actividades. 

Nesta ocasión tocounos reflexionar sobre diferentes materiais, pensar nas súas características e finalmente reflexionar sobre os que tiñan unha procedencia natural ou artificial. 



Todo isto fixémolo primeiro a través dunha rutina de pensamento que se caha: "VEXO, PENSO, PREGÚNTOME". Nela reflexionamos sobre o que estamos a ver, o que pensamos ou sabemos sobre o que vemos, e finalmente que preguntas nos facemos sobre o tema. 

Facendo a rutina de pensamento no porfolio.
Despois, entre todos fixemos unha chuvia de ideas e reflexamos nela todos os materiais que se nos ocorrían de orixe natural e de orixe artificial.