Comenzamos como cada curso co proxecto de educación emocional que nos achega a Fundación Meniños, e que ten por título "Viaxe ao reino das emocións".
A través da historia de Draco, un pequeno dragón que non sabe controlar moi ben as súas emocións, aprenderemos a entender un pouquiño mellor como nos sentimos.
Farémolo nunha sesión semanal na que falaremos sobre conciencia emocional, autoestima, regulación emocional, resolución de conflictos e moitas cousas máis.
De momento esta semana coñecemos a Draco, falamos das cousas que nos enfadan e de como reaccionamos antes esas situacións. A próxima semana seguiremos profundizando un pouquiño máis sobre este tema.
Estade atentos porque volo contaremos todo por aquí!