mércores, 15 de xaneiro de 2020

CIENTÍFICOS EN ACCIÓN!

Hoxe foi un día moi especial na nosa clase, xa que despois de varias semanas esperando, por fin comenzou o segundo proxecto do curso.

Vaia emoción cando vimos toda a clase cambiada! Enseguida soubemos que algo estaba a punto de pasar. E así foi...


Reencontrámonos de novo con Don Porfolio (así lle chamamos nós), resolvemos adiviñas, buscamos ingredientes para facer un experimento por todo o cole, fixemos un experimento chulísimo, reflexionamos coa Metacognición inicial e pasámolo xenial. 


Hoxe foi o día inicial, o da motivación, e a verdade é que foi bastante ben porque todos estamos desexando que pasen os días e cheguen novas sorpresas. 

Estade seguros que vos contaremos todo por aquí!

De momento deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.

Fai clic na imaxe para ver máis.