Amosando publicacións coa etiqueta RutinasdePensamento. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RutinasdePensamento. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de xaneiro de 2025

¿MAGIA? NO, ¡CIENCIA!

 Empezamos un novo proxecto e entre nervios e ilusión percorremos a clase coa nova decoración nada máis chegar ao cole; aínda que tivemos que ter moito coidado ao entrar porque había unha cinta na porta que poñía perigo!


Este trimestre ímonos convertir en científicos para coñecer o mundo e descubrir de que están feitas as cousas. Empezamos coa situación de aprendizaxe na que, primeiro, fixemos uns pequenos experimentos para poñer a proba os nosos sentidos. Algo blandiño e algo áspero, un cheiro agradable e un desagradable, algo cun sabor amargo e algo cun sabor máis doce...

E despois, como colofón, fixemos un experimento no que creamos o noso propio peixe globo! Enchemos un dedo dun guante de plástico con vinagre, pechámolo cunha goma e metímolo dentro dun globo. Despois enchimos ese globo con bicarbonato e o pechamos.

Despois, cun golpe seco, o vinagre do dedo sóltase e, ao reaccionar co bicarbonato, xenerou CO2 que hinchou o noso peixe globo!



Despois acabamos facendo a rutina de pensamento CSI, na que expresamos todas as ideas que sacamos sobre o que fixemos durante o día.


E, para rematar, acabamos ca metacognición inicial, na que reflexionamos sobre o que cremos que pasará neste novo proxecto respondendo ás preguntas que se nos fan.


En resumo, foi unha mañá moi intensa e de moitas emocións, que nos preparou para un proxecto cheo de aventuras. Estades preparados/as para acompañarnos?

mércores, 23 de outubro de 2024

A NOSA SUPERFAMILIA

Despois de traballar moi duramente, tanto na clase coma na casa, xa estamos preto de chegar ao ecuador do noso proxecto.

Estamos a piques de rematar a tarefa 2, na que traballamos o concepto da familia e tamén, entre outras cousas, aprendemos a facer a nosa propia árbore xenealóxica. 

Despois de traballar moito na clase e na casa, e grazas á axuda das nosas familias, onte á tarde presentamos a nosa árbore xenealóxica á nosa clase.

Explicamos cales eran os nosos avós, avoas, pais, nais, irmáns, irmás... e despois puxémolo no noso muro das evidencias, que xa empeza a estar ben cheo de cousiñas!

Deixámosvos por aquí algunhas fotos para que poidades ver como nos foi!
















luns, 30 de setembro de 2024

SEMPRE ALERTA!

 Hoxe comezamos o primeiro proxecto do curso, que levaremos a cabo ao longo de todo o trimestre.

Ao chegar ao cole atopámonos a nosa clase toda cambiada e decorada, cheo de cousas novas, e nos dimos conta de que empezaba unha nova aventura.

Preparámonos e o primeiro que fixemos foi percorrer o cole en busca de cousas perigosas, para poder axudar a todos os demais nenos e nenas do cole a que non lles pase nada malo. Eso é o que fan os superheroes e as superheroínas non?

Despois disto, ao chegar á clase deixamos as nosas reflexións sobre o que fixemos nun CSI (color, símbolo, imaxe).

E, para rematar, reflexionamos sobre o que cremos que vai a pasar e o que nos gustaría que pasase neste novo proxecto facendo a metacognición inicial.

Unha mañá moi intensa na que o pasamos moi ben e traballamos moitísimo. Podedes premer nesta foto para ver máis.

Bo inicio de proxecto!



luns, 16 de setembro de 2024

COMEZAMOS!

 Despois duns primeiros días de reencontros, e de adaptarnos un pouco ao cole dos maiores, hoxe comezamos o noso proxecto 0, titulado "Preparados, listos, xa".

Este proxecto 0 é un pequeno traballo que realizamos durante as primeiras semanas do curso, no que coñeceremos o noso novo cole a fondo, así como tamén as normas que debemos seguir e aprender e o material co que traballaremos nesta nova etapa. 

Entón, o noso desafío inicial consistiu nunha pequena xincana na que os nosos compañeiros e compañeiras da clase de 5º nos foron ensinando os diferentes espazos do colexio que iremos utilizando. 

En cada espazo, tiñamos que realizar unha actividade plantexada polos maiores para conseguir completar cada unha das zonas. 

A maiores, esta actividade tamén nos axudou a coñecer aos nosos padriños e madriñas da clase de 5º, que nos axudarán e nos guiarán durante este novo curso neste novo cole. 

Tras completar esta xincana, fixemos unha rutina de pensamento chamada COLOR, SÍMBOLO, IMAXE (CSI), que nos axudou a reflexionar sobre as actividades que acababamos de facer cos maiores.

Despois tamén fixemos a METACOGNICIÓN INICIAL, na que reflexamos os nosos sentimentos sobre o inicio deste novo proxecto e o que agardamos do mesmo. 

Para rematar o día, tivemos un ratiño para descansar e xogar. Dende logo, un día con moito traballo e cheo de moitas novidades.

Deixámosvos aquí abaixo algunhas fotos do que foi o día de hoxe. Xa estamos en marcha!






Fai clic aqui para ver máis 

mércores, 10 de abril de 2024

AS PARTES DAS PLANTAS

Na tarefa 1 do proxecto aprendemos as partes que forman as plantas. 

Trátase dun contido básico, necesario para todas as actividades prácticas que faremos ao longo das próximas semanas. 










mércores, 21 de febreiro de 2024

OS IMÁNS

Hoxe empezamos a tarefa 3 do noso proxecto, na que traballaremos sobre o magnetismo e os imáns. 

Por esta razón, hoxe, na primeira sesión fixemos unha rutina de pensamento para iniciar o traballo, que se chama VEO, PENSO, PREGÚNTOME, e despois xogamos cos imáns e investigamos con eles, para aprender que por un lado se atraen e por outro se repelen








luns, 22 de xaneiro de 2024

BOOM!

 Empezamos un novo proxecto e entre nervios e ilusión percorremos a clase coa nova decoración nada máis chegar ao cole. 






Este trimestre traballaremos para coñecer o mundo que nos rodea e descubrir de que está feito. 

Empezamos coa situación de aprendizaxe, que é a primeira actividade de cada proxecto, na que descubrimos un pouquiño máis de que irá o proxecto. 

Nela, fixemos uns pequenos experimentos e puxemos a proba os nosos sentidos, tratando de darlles resposta a través da ciencia. Algo blando, algo áspero, algo amargo, algo doce, un son desagradable, outro agradable, un olor desagradable e outro que nos gustaba máis... 










Rematamos facendo unha rutina de pensamento chamada CSI,  coa que puxemos en orde as ideas sacadas de todo o acontecido. 



Despois, rematamos reflexionando sobre todo o que acontecerá no noso proxecto, facendo a METACOGNICIÓN INICIAL, na que entre todos, respondemos ás preguntas que nos facían. 

Unha mañá moi intensa, que nos prepara para un proxecto cheo de traballo e aventuras. ¿Estades preparados para acompañarnos?