Empezamos un novo proxecto e entre nervios e ilusión percorremos a clase coa nova decoración nada máis chegar ao cole; aínda que tivemos que ter moito coidado ao entrar porque había unha cinta na porta que poñía perigo!
Este trimestre ímonos convertir en científicos para coñecer o mundo e descubrir de que están feitas as cousas. Empezamos coa situación de aprendizaxe na que, primeiro, fixemos uns pequenos experimentos para poñer a proba os nosos sentidos. Algo blandiño e algo áspero, un cheiro agradable e un desagradable, algo cun sabor amargo e algo cun sabor máis doce...
E despois, como colofón, fixemos un experimento no que creamos o noso propio peixe globo! Enchemos un dedo dun guante de plástico con vinagre, pechámolo cunha goma e metímolo dentro dun globo. Despois enchimos ese globo con bicarbonato e o pechamos.
Despois, cun golpe seco, o vinagre do dedo sóltase e, ao reaccionar co bicarbonato, xenerou CO2 que hinchou o noso peixe globo!
Despois acabamos facendo a rutina de pensamento CSI, na que expresamos todas as ideas que sacamos sobre o que fixemos durante o día.
E, para rematar, acabamos ca metacognición inicial, na que reflexionamos sobre o que cremos que pasará neste novo proxecto respondendo ás preguntas que se nos fan.
En resumo, foi unha mañá moi intensa e de moitas emocións, que nos preparou para un proxecto cheo de aventuras. Estades preparados/as para acompañarnos?