Amosando publicacións coa etiqueta Exposición. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exposición. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de maio de 2024

COMPARTINDO O COÑECEMENTO

En moitas ocasións os contidos que traballamos nos proxectos teñen relación cos que traballan compañeiros e compañeiras doutros niveis. 

Nesta ocasión, os nenos e nenas de 1º compartimos unha tarefa en común cos nenos e nenas de 6º de Eduación Primaria, e que foi a vida saudable e o coidado do corpo humano. 

Por esta razón, os maiores prepararon unha clase especial para darlla aos máis pequenos da etapa, na que lles explicaron a importancia de coñecer o noso corpo, de seguir unha boa alimentación, de facer deporte, da prevención para coidar o corpo e a importancia da relaxación. 

Agradecemos moito o seu traballo, o tempo que nos dedicaron e poder aprender doutros compañeiros. Unha experiencia estupenda antes de rematar este último proxecto do curso. 







mércores, 16 de xuño de 2021

CLASE ONLINE DOS PEQUES DE 1º

O noso último proxecto deste curso chega ao seu fin, e coma sempre, tocou pensar que producto final realizaramos nesta ocasión. 

Dada a situación actual, as familias non puideron ser tan partícipes do día día no cole coma en outras ocasións, polo que esta vez decidimos que xa era hora de que participasen con nós na clase, e de que o producto final chegase a eles. 

Así que tras moito pensar, finalmente decidimos realizar unha clase online, na que os profes foron os nenos e nenas de 1º e os alumnos as nais e pais. Organizámonos por equipos, decidimos o que explicar, que experimentos queriamos mostrar e ata lle mandamos tareafas as familias!

Finalmente, o martes pola mañá fixemos unha conexión online e demos a nosa clase que aínda que empezou con moitos nervios rematou sendo un éxito!

Deixámosvos algunhas fotos e o enlace á gravación da sesión para todos e todas os que non a puidéstedes ver en directo. 

Gracias a todas as familias por facer posible este tipo de actividades!







venres, 11 de xuño de 2021

PARTICIPANDO NA VIDA DO COLE

Os compañeiros e compañeiras de 5º de Educación Primaria están preparando o producto final do seu proxecto, que nesta ocasión consiste na preparación dunhas eleccións para obter o representante dos estudantes o próximo curso. 

Como en toda boa campaña escolar, están agora na fase de realizar os seus discursos para que o alumnado coñeza as súas propostas e ideas. 

Hoxe asistimos aos dous primeiros discursos, e nas próximas semanas coñeceremos ao resto de candidatos, para finalmente votar o próximo xoves 17. 





venres, 21 de maio de 2021

OS INVENTOS

Na terceira tarefa do noso proxecto estamos coñecendo os inventos máis importantes da historia da humanidade. A través deste percorrido histórico aprendemos como cambiou a vida das persoas con estes descubrimentos e inventos tan importantes. 

Desde xeito, cada un de nós fixo unha investigación na casa sobre un invento, e despois presentamos o invento ante os compañeiros para que o coñecesen. 




Contiamos despois aprendendo o que era unha liña do tempo e nela ordeámolos, desde o máis antigo ata o máis moderno. 



Aprendemos así a iniciarnos na investigación, a expoñer contidos ante os compañeiros e temos unha idea xeral da importancia dos descubrimentos na historia da humanidade, e como estes cambiaron o noso día a día. 

venres, 16 de abril de 2021

AS NOSAS HABILIDADES

Dentro do noso proxecto de emocións, xunto coa Fundación Meniños, estes días estivemos falando sobre a AUTOESTIMA. 

Por esta razón, comenzamos bailando a danza das habilidades, na que cada un tiña que decir unha cousa que se lle dese ben. Pasámolo moi ben facéndoo porque ademais invitamos tamén a algúns profes que pasaban polo corredor a bailar con nós. 

A raíz desta actividade, ao longo de toda a semana, cada peque tivo que facer na casa a súa propia lista de habilidades, que hoxe compartimos con todos na clase. 



Parécenos fundamental lembrar aos nosos nenos e nenas todas as cousas que son capaces de facer, e que ademais fan moi ben, xa que ademais de mellorar a súa autoestima reforzamos a súa autonomía, fundamental nestes primeiros anos. 

Por outra banda, incorporamos á nosa aula un novo espazo, o TABOLEIRO DAS EMOCIÓNS, no que cada día poden elixir como se senten cambiando o seu nome dunha emoción a outra. 



xoves, 1 de outubro de 2020

COÑECEMOS A NOSA SOCIEDADE

Estes últimos días traballamos sobre a paisaxe de aprendizaxe que comenzamos a semana pasada. 

Coa axuda das familias fixemos a nosa árbore xenealóxica e explicamos aos compañeiros cal é a nosa familia e as relacións que se establecen entre os seus membros. 

Fai clic na imaxe para ver máis.

Por outra banda, ensinamos aos compañeiros o noso lugar favorito da cidade. Fixémolo buscándoo en google maps e contando por que nos gusta. A partir desta actividade falamos sobre todos os servizos que podemos atopar nunha cidade: hospitais, parques, farmacias, museos, tendas...

Puxemos fin a esta actividade completando o noso carné de cidadán despois de dúas semanas de moito traballo, tiñamolo ben merecido!




mércores, 4 de marzo de 2020

Os inventos

A semana pasada comenzamos a terceira tarefa do noso proxecto que está relacionada cos inventos máis importantes da historia da humanidade. 

Fixemos unha investigación coa axuda das familias e explicamos a todos o que aprendemos.




Despois aprendemos o que son as liñas do tempo, e organizamos todos os inventos investigados por orde cronolóxica. 



xoves, 3 de outubro de 2019

As nosas árbores xenealóxicas

Esta semana presentamos aos nosos compañeiros as nosas árbores xenealóxicas que xunto coa axuda das nosas familias quedaron fermosas!

Cada un de nós explicou todos os membros da súa familia, a relación que tiña con cada un deles e por que eran especiais para eles. 

Deixámosvos algunhas fotos da exposición que fixemos na clase!

Fai clic na imaxe para ver máis.