xoves, 1 de outubro de 2020

COÑECEMOS A NOSA SOCIEDADE

Estes últimos días traballamos sobre a paisaxe de aprendizaxe que comenzamos a semana pasada. 

Coa axuda das familias fixemos a nosa árbore xenealóxica e explicamos aos compañeiros cal é a nosa familia e as relacións que se establecen entre os seus membros. 

Fai clic na imaxe para ver máis.

Por outra banda, ensinamos aos compañeiros o noso lugar favorito da cidade. Fixémolo buscándoo en google maps e contando por que nos gusta. A partir desta actividade falamos sobre todos os servizos que podemos atopar nunha cidade: hospitais, parques, farmacias, museos, tendas...

Puxemos fin a esta actividade completando o noso carné de cidadán despois de dúas semanas de moito traballo, tiñamolo ben merecido!