luns, 28 de setembro de 2020

CÓBADO CON CÓBADO

Hoxe foi una día moi especial porque comezamos un novo proxecto dentro dos tres que levaremos a cabo neste curso. 

Cando chegamos ao cole todo estaba cambiado, e as nosas caras estaban entre o asombro e a incerteza por saber o que pasaría. Pronto descubrimos o que pasaba e comenzamos a entender un pouquiño máis. 

O proxecto chamarase "Cóbado con cóbado", por iso de que debemos axudarnos os uns aos outros, e máis nesta situación tan delicada que estamos a vivir. Ademais, porque é a forma actual de saudarse, polo que ten moita relación con todo o que traballaremos. 

Título e fíos conductores do proxecto

Por outro lado, descubrimos o que son os fíos conductores. Son esas preguntas que se ven na imaxe superior, e que temos que intentar contestar ao final do proxecto. Non se pode buscar a súa resposta en Google, nin tampouco contestar con si ou non. Por esta razón temos que traballar moito para poder conseguir contestalas. 

Coñecemos ao noso amigo "Don Porfolio", un pequeno libro no que recolleremos todo o traballo que fagamos ao longo do proxecto; xa vos contaremos máis cousas sobre el. 

Don Porfolio

Tamén fixemos a METACOGNICIÓN INICIAL. Trátase dun exercicio de pensamento no que reflexionamos sobre as cousas que sabemos e sobre as que queremos aprender. Como aínda estamos empezando neste proceso fixémolo entre todos, pero o resultado foi moi positivo e pouco a pouco conseguiremos facelo de xeito individual. 



E por último, conseguimos engancharnos, xerar a ilusión de aprender, de ter ganas de ver todo o camiño que nos queda por diante, a ilusión de que chegue a próxima clase na que fagamos o proxecto e ver que aventuras nos toca vivir ese día. 

Seguiremos informando.