martes, 22 de setembro de 2020

A SOCIEDADE NA QUE VIVIMOS

Unha paisaxe de aprendizaxe é unha ferramenta de programación que busca a personalización da aprendizaxe, e que a través do asombro, o enigma e o reto busca potenciar a motivación, autonomía e o traballo cooperativo nos máis pequenos. 

A secuencia de actividades que se plantexan nas paisaxes de aprendizaxe baséanse na teoría das intelixencias múltiples e na taxonomía de Bloom. 

Deste xeito, partimos deste tipo de metodoloxía para desenvolver a primeira unidade didáctica de ciencias sociais que comenzamos a traballar esta semana, e que se centrará nos elementos da nosa sociedade máis cercanos a nós: a familia, a escola e a cidade. 


Hoxe na clase tivemos que descifrar un código secreto para descubrir as diferentes partes do noso cole. 

Nas próximas clases continuaremos traballando sobre este tema e vos mostraremos máis fotos.