domingo, 13 de setembro de 2020

PRIMEIROS DÍAS EN PRIMARIA

Esta semana comenzamos unha nova etapa, como cada ano cargados de moitos servios, pero tamén de moita ilusión e moitas ganas por ver que nos espera este "novo cole".

Ademais, este ano tócanos lidar cunha situación nova para todos e que nos provoca moita máis interteza da que teriamos un setembro calquera.

A pesar de todo isto, os primeiros días foron especiais, porque comenzamos unha nova etapa nas nosas vidas na que viviremos novas aventuras e aprenderemos moitísimas cousas novas. 

De momento percorremos o cole, superando diferentes probas para conseguir o carné que nos habilita como alumnos e alumnas de primaria. Coñecemos todas as aulas, a organización dos baños, a biblioteca, os patios exterior, o pavillón de deportes...

Xogamos nas escaleiras do pavillón.

Xogamos no patio grande.

Coñecemos a biblioteca.

Tamén fixemos unha actividade de presentación a través do debuxo, na que representamos todas aquelas cousas que nos gustan. 


Estreamos o panel dos aniversarios e compartimos con todos o día do noso, para que ninguén se esqueza dun día tan especial!

Fai clic na imaxe para ver máis

E por encima de todo, comenzamos a tecer os lazos de amizade e equipo que nos acompañarán ao longo dos próximos anos. Porque esta marabillosa aventura... ACABA DE EMPEZAR!

BENVID@S A PRIMARIA!