Amosando publicacións coa etiqueta proxectos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxectos. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de xaneiro de 2023

Tarefa 5: Preparando o camiño


Ola familias!


Aquí estamos de novo, dándolle traballo ás nosas cabezas e mans.


Estamos a finalizar nosa última tarefa do proxecto, nela estamos a elaborar o produto final. Con el poñemos a guinda a todo o aprendido durante estas semanas. 


É unha maneira estupenda de traballar en equipo, colaborar, pensar, decidir e planificar a nosa actuación. O primeiro que fixemos foi unha chuvia de ideas sobre o que queriamos elaborar, despóis escollimos as accións correspondentes e as emparexamos e por último elaboramos o noso producto, para podervos ofrecer a nosa mellor visión. 


O estamos facendo moi ben e podédelo ver nas seguintes fotos. 

Tamén nos podedes seguir na nosa canle de Youtube, onde os amosamos o traballo cooperativo. Como sabedes, o desenvolto nos nosos equipos estimula a creatividade, fomenta a motivación e a superación, aumenta a tolerancia e o respecto e mellora as nosas habilidades de resolución de problemas. Deixamos o enlace: Preparando o noso Producto Final

Un saúdo a todos... e para saber ven como remata o noso traballo, vémonos na "celebración da aprendizaxe".











xoves, 22 de decembro de 2022

Luces e sinais

Ola familias!

Estamos ao remate do noso proxecto e queremos compartir con todos vos as nosas experiencias.

Ides ver como aprendemos sobre educación vial facendo rutinas de pensamento. Primeiro visualizamos un video e despóis puxémonos en marcha facendo un C.S.I. sobre o que vimos e falamos.







Noutra ocasión, traballamos actividades sobre os sinais no papel e tamén a través da tablet, que ahí onde os vedes, fanse rápido coas novas tecnoloxías:





E para rematar esta notícia, imos deixar un enlace que vos levará a un video sobre como pódese aprender xogando. Nesta ocasión fixemos un percorrido no que tiñamos que cumprir as normas de circulación que nos ían marcando.

Toda unha delicia e moi boa maneira de fixar os conceptos que queremos aprender.

Graciñas por lerno, e esperamos que o pasedes tan ben coma nos!


VIDEO da actividade:     NORMAS DE CIRCULACIÓN

Os nosos equipos:







xoves, 1 de decembro de 2022

Saída ó Museo das Peregrinacións.

Museo das Peregrinacións.
 

Ola!
A semana pasada tivemos unha clase moi especial, 
fumos visitar o museo das peregrinacions, situado na praza de Praterías 2.
Nesta visita nos fixeron un percorrido guiado polo museo e o misturaron 
coa tradición dos contacontos.
Tivemos a ocasión de coñecer as pezas expostas 
e gozar con lendas, anécdotas e curiosidades relativas ao Camiño de Santiago 
e á propia historia da cidade.
Deste xeito os relatos e a súa riqueza inmaterial que, 
pola súa natureza, non se poden expoñer nunha vitrina, foron os fíos condutores 
para descubrir todas as historias que os bens culturais non poden contar de viva voz.
Aquí tendes unhas cantas fotos da nosa experiencia.












mércores, 23 de novembro de 2022

FOLIO GIRATORIO

En clase de lengua hemos trabajado la técnica cooperativa del FOLIO GIRATORIO, que consiste en realizar una aportación escrita por turnos entre los miembros de un equipo de trabajo.

En este caso, teníamos que descubrir los oficios que se escondían tras diferentes letras que estaban desordenadas. Una vez identificamos qué oficio era, cada uno rodeaba una letra que tenía ese oficio hasta crear la palabra completa. Por último, el secretario se encargó de escribir la palabra que formamos entre todos



venres, 21 de outubro de 2022

Aprendendo con Google Maps

 

Ola familias!

Todos sabemos a importancia que teñen as novas tecnoloxías para nosos peques e o importante que é ensinarlles ha facer un bo uso das mesmas. Pois hoxe quixemos iniciarnos no uso dunha aplicación que case, case se usa a diario, trátase do Google maps.

Todo comezo, ás veces custa algo máis, pero os nosos prebenxamines son grandes aprendices.

Premendo neste enlace podedes vernos en acción: Iniciándonos no Google maps

Nas seguintes clases introducimos a gamificación.... "os equipos de clase convertémonos en investigadores, tendo que pasar varias probas, buscando os lugares que lles indica o seu superior. Unha actividade á altura dos mellores detectives".

Neste outro enlace, atoparedes a nosa experiencia: Aprendemos xogando con Google maps

Mamás e papás, poñédenos a proba e xoguemos a buscar distintos lugares.


Un saúdo. 



xoves, 20 de outubro de 2022

Os Mapas


Ola familias!
Esta semana quixemos falar de algo que levan moitos peregrinos na man, todos o van seguindo e algúns preguntan como chegar á catedral.
Despois de falar das cidades e os pobos, e ver todos os vídeos que gravamos da nosa contorna, queremos aprender onde podemos atopar os diferentes lugares, cidades...e dixéronnos que é nos mapas. Pero, e que é iso dos mapas?
 Ven connosco á nosa clase e descobre que son e de onde saen...


Esperemos que vos guste. E para que teñades máis información, podedes ver este vídeo do cal aprendemos unha chea.


E aquí podedes  ver como completamos a nosa ficha sobre os tipos de mapas que despóis poremos no noso portfolio, onde imos engadindo todo aquelo que facemos no noso proxecto.







martes, 11 de outubro de 2022

Ambiente rural ou urbano.

Ola!Ola.
Hoxe tivemos tarde de proxecto.

Vimos un vídeo onde nos explicaban cousas sobre cidades e vilas.
tendes o enlace premendo aquí......Cidades e Vilas

Despois fixemos un xogo para coñecer as diferenzas entre o medio rural e o urbano.
Foi unha tarde intensa.

Aquí podes vernos en acción.










luns, 3 de outubro de 2022

Nuevo Proyecto

  ¡Iniciamos Proyecto!

Hola a todos, hoy ha sido un día muy emocionante, intenso y lleno de sorpresas. Hemos dado comienzo un nuevo proyecto en el aula... "Por Santiaguiño con Sentidiño".







Después de ver nuestra aula decorada, conocimos a Hellen y Richard, dos amigos peregrinos que vinieron a conocer Santiago de Compostela. Les ayudamos a recuperar unos objetos perdidos, nos sacamos una foto de equipo.

Ha sido un día genial.