xoves, 1 de decembro de 2022

Saída ó Museo das Peregrinacións.

Museo das Peregrinacións.
 

Ola!
A semana pasada tivemos unha clase moi especial, 
fumos visitar o museo das peregrinacions, situado na praza de Praterías 2.
Nesta visita nos fixeron un percorrido guiado polo museo e o misturaron 
coa tradición dos contacontos.
Tivemos a ocasión de coñecer as pezas expostas 
e gozar con lendas, anécdotas e curiosidades relativas ao Camiño de Santiago 
e á propia historia da cidade.
Deste xeito os relatos e a súa riqueza inmaterial que, 
pola súa natureza, non se poden expoñer nunha vitrina, foron os fíos condutores 
para descubrir todas as historias que os bens culturais non poden contar de viva voz.
Aquí tendes unhas cantas fotos da nosa experiencia.