Amosando publicacións coa etiqueta Galicia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galicia. Amosar todas as publicacións

sábado, 16 de novembro de 2024

CELEBRANDO O MAGOSTO

 O pasado xoves pola tarde celebramos unha das festas tradicionais da nosa comunidade, o Magosto.

No horario das clases da tarde puidemos desfrutar dunha tarde xogando no patio, con música e, como non, das castañas! Ademais, moitas familias estiveron tamén celebrando con nós, o que o fixo aínda máis especial.

Feliz Magosto!





Para ver máis fotos, AQUÍ


xoves, 1 de xuño de 2023

Coñecendo o baile galego

 Este pasado martes, como parte das actividades que fixemos para celebrar as Letras Galegas, tivemos unha visita moi especial!

Veunos a ver ao cole Fernando, membro da coñecida asociación de baile galego Xacarandaina, que nos explicou un pouquiño máis sobre a tradición do baile galego na nosa comunidade. A súa orixe, os diferentes tipos de vestimenta e de bailes...




Despois, incluso nos animamos a aprender algúns pasiños de baile e tamén un par de ritmos para tocar cunha pandeireita ou que poderíamos tocar incluso cun libro!




Moitas grazas Fernando pola túa visita, e por ensinarnos máis cousiñas sobre algo tan importante para a nosa cultura como é o baile!

venres, 3 de marzo de 2023

AS MARIONETAS DE ROSALÍA

Coma un dos actos nos que traballamos a vida desta coñecida autora, o martes puidemos desfrutar dunha pequena obra con marionetas sobre a vida de Rosalía de Castro.

Os compañeiros/as de 6º prepararon unhas marionetas para representarnos, tanto a nós como aos nosos compañeiros/as de 2º, unha pequena obra sobre a vida da autora galega.

Pasámolo moi ben e grazas a eles puidemos aprender un poquiño máis sobre non só a autora, senón tamén sobre a muller e a persoa que foi Rosalía de Castro.






xoves, 23 de febreiro de 2023

CALDO DE GLORIA

 Para celebrar o Día de Rosalía, puidemos desfrutar dun sabroso caldo galego no noso comedor, facendo referencia ao poema no que a autora galega explicaba, entre outras cousas, como facer esta humilde receita galega. 

Para iso, a maiores da sabrosa comida, puidemos contar cos manteis co poema, para que todos e todas os puidesemos ollear durante o noso xantar.

Feliz Día de Rosalía!







luns, 20 de febreiro de 2023

O ENTROIDO EN CASA DO NENO

 A pasada semana, na Casa do Neno celebramos unha das festas máis tradicionais de Galicia, o Entroido!

Durante a semana cumprimos os diferentes Mandatos da Meca, tendo que levar diferentes accesorios ou determinadas prendas de roupa en función do día. As ordes foron as seguintes:

"O luns para variar, os calcetíns por fóra terás que levar"

"Se o martes elegante queres ir, algo no pescozo deberás lucir"

"Igual que as ovellas van ao redil, o mércores da casa trae o teu mandil"

"O xoves a cabeza decorar para a todos espantar"





E, para rematar esta semana tan especial, o pasado venres pola tarde tivemos unha gran festa de Entroido cunha temática sobre o circo, que culminamos merendando doces típicos coma as filloas, as orellas ou as flores de Entroido. Deixámosvos aquí o vídeo da festa para que poidades ver o ben que o pasamos!


Bo Entroido!


martes, 22 de novembro de 2022

MAGOSTO 2022

Na tarde do pasado venres celebramos no colexio unha das celebracións máis típicas do outono galego, O MAGOSTO!

Comezamos a tarde comendo, como non podía ser doutra maneira, as típicas castañas asadas mentres tiñamos de fondo música típica galega.


Despois de comer, pasamos o resto da tarde desfrutando de adaptacións de xogos típicos coma a chave, a ra ou a mariola entre outros.



Desfrutamos moito desta celebración tan típica da nosa terra. BO MAGOSTO!

mércores, 18 de maio de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hola a todas y todos, vengo a contaros una actividad a la que asistimos este lunes 16 de mayo con motivo del día de las Letras Galegas y que nos encantó por lo bien que lo hicieron todos los participantes.


El alumnado de 3º de Educación Primaria representó para todo el colegio el himno gallego con su xilófono. Después le tocaría el turno al profesor Javier, que coordinó a varios alumnos del centro y nos tocó unas piezas relacionadas con la cultura gallega con varios instrumentos como la batería, trompeta, tuba, etc... y unas alumnas también bailaron una muiñeira a la vez.


Aquí os anexo unas cuantas fotografías para ver lo bien que quedó todo.