Amosando publicacións coa etiqueta Horta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Horta. Amosar todas as publicacións

mércores, 8 de maio de 2024

O HORTO

O noso proxecto continúa e esta semana por fin plantamos algunhas cousiñas no noso horto. 

Grazas á axuda de Javi e Andrés poidemos poñer a punto os maceteiros e sementar todo para que medre bonitiño. 

Deixámosvos algunhas fotos da plantación. Fixémolo moi ben!
























xoves, 18 de abril de 2024

O SEMENTEIRO

Esta semana traballamos moito dentro do proxecto, co fin de obter froitos moi pronto; e non o decimos por decir, é que esta semana fixemos un pequeno sementeiro dentro da clase. 

Cada un de nós sementou diferentes tipos de plantas en tarriños pequenos,e cando empecen a crecer, o obxectivo final é facer un horto no cole, e aprender a coidalo. 

Deixámosvos fotiños do proceso, xa que fixeron todo os nenos e nenas, e quedounos un sementeiro ben bonito!














mércores, 5 de maio de 2021

TRABALLANDO NA NOSA HORTA

Onte pola tarde, durante a clase de Lingua Galega, a profe Antía ensinounos a plantar pirixel.

Previamente, falounos de todas as palabras relacionadas coa horta como a terra, auga, sol, fresar... e tras esa explicación inicial comenzamos a remover a terra por grupos, e despois, cada un plantou un trociño pequeno do pirixel. 

Non sabemos se a nosa plantación será moi rica pero desde logo pasámolo súper ben!









xoves, 21 de xaneiro de 2021

AS NOSAS PLANTIÑAS

A nosa paisaxe de aprendizaxe chega ao seu fin, e hoxe levamos a cabo a última actividade, na que fixemos unha pequena plantación. 

Nos próximos días debemos estar pendentes de votarlles auga e coidalas moito para que crezan. 

Deixámosvos algunhas fotos de como as plantamos e nos próximos días mostrarémosvos como van crecendo. 

 









mércores, 6 de novembro de 2019

O sementeiro

Deixámosvos un pequeno vídeo no que podedes ver o ben que traballan os nenos e nenas de 1º, e como de forma autónoma plantaron as sementes. 

Sentímolo pola calidade do vídeo, pero non queriamos deixar de compartilo...

martes, 29 de outubro de 2019

O noso sementeiro

Hoxe na clase aprendemos a facer un sementeiro. 
Empezamos por analizar as sementes que plantaríamos, despois falamos sobre o proceso de plantación e rematamos por facelo nós mesmos!




De cada tipo de semente fixemos catro intentos en diferentes macetas, e primeiro con axuda, pero despois dun xeito autónomo plantamos todas as sementes. 

Agora tócanos coidalas moito e esperar a que crezan! Contarémosvos por aquí todo o proceso, pero de momento deixámosvos algunhas fotos!


Fai clic na imaxe para ver máis!