Hoxe na clase aprendemos a facer un sementeiro.
Empezamos por analizar as sementes que plantaríamos, despois falamos sobre o proceso de plantación e rematamos por facelo nós mesmos!
De cada tipo de semente fixemos catro intentos en diferentes macetas, e primeiro con axuda, pero despois dun xeito autónomo plantamos todas as sementes.
Agora tócanos coidalas moito e esperar a que crezan! Contarémosvos por aquí todo o proceso, pero de momento deixámosvos algunhas fotos!
Fai clic na imaxe para ver máis! |