Esta semana comenzamos a realizar as primeiras experiencias coa nosa tableta. Entre moitos nervios e emoción por fin chegou o día de traballar con ela!
Os encargados repartiron as tabletas por primeira vez, falamos das normas de uso do dispositivo, aprendemos a encendela e apagala e a utilizar o lapis.
Toda unha experiencia! Pouquiño a pouco iremos contándovos os avances ao respecto! De momento deixámosvos algunhas fotos coas súas cariñas de concentración!