En clase de matemáticas repasamos as figuras xeométricas básicas e aprendemos o que son os vértices.
Fixémolo a través do xogo, e neste caso en concreto dunha goma á que tiñamos que dar forma á vez que engadíamos membros ao xogo. Aprendemos que para facer un triángulo precísanse tres vértices (tres nenos), para un cadrado catro...