Continuando co noso proxecto, esta semana fixemos unha pequena plantación na clase.
Axudándonos dun algodón e auga, sementamos unhas poucas lentellas e as puxemos no noso pequeno horto, situado ao final do corredor.
O obxectivo final desta plantación é meter as nosas plantiñas dentro dunha caixa, que ten un pequeno burato, cando medren un pouco e ver que é o que pasa. Por esta razón fixemos unha rutina de pensamento para reflexionar sobre o que creemos que acontecerá.
Dentro dunhas semanas contarémosvos o resultado do experimento... Seguide atentos para saber o que acontecerá!
Fai clic na imaxe para ver máis. |