O noso proxecto continua, e esta semana traballamos as partes que teñen as plantas.
Fixemos un mural grande e entre todos descubrimos as partes que as compoñen, e despois plasmamos todo nunha ficha individual que incluimos no noso porfolio.
Ademais, aprendemos a autoavaliarnos. Aínda que este concepto de momento é moi abstracto e difícil de comprender, pouco a pouco é importante que vaian sendo conscientes dos seus progresos, dos puntos fortes e tamén das limitacións que teñen, e que aprendan a verbalizalo.
Por esta razón fixemos a nosa primeira diana de autoavaliación.