Ola familias!
Aquí estamos de novo, dándolle traballo ás nosas cabezas e mans.
Estamos a finalizar nosa última tarefa do proxecto, nela estamos a elaborar o produto final. Con el poñemos a guinda a todo o aprendido durante estas semanas.
É unha maneira estupenda de traballar en equipo, colaborar, pensar, decidir e planificar a nosa actuación. O primeiro que fixemos foi unha chuvia de ideas sobre o que queriamos elaborar, despóis escollimos as accións correspondentes e as emparexamos e por último elaboramos o noso producto, para podervos ofrecer a nosa mellor visión.
O estamos facendo moi ben e podédelo ver nas seguintes fotos.
Tamén nos podedes seguir na nosa canle de Youtube, onde os amosamos o traballo cooperativo. Como sabedes, o desenvolto nos nosos equipos estimula a creatividade, fomenta a motivación e a superación, aumenta a tolerancia e o respecto e mellora as nosas habilidades de resolución de problemas. Deixamos o enlace: Preparando o noso Producto Final
Un saúdo a todos... e para saber ven como remata o noso traballo, vémonos na "celebración da aprendizaxe".