Esta semana no proxecto comenzamos a traballar sobre as partes do noso corpo. Primeiro fixemos unha rutina de pensamento que se chama "VEXO, PENSO, PREGÚNTOME", na que reflexionamos sobre esas tres cuestións mentres observábamos unha imaxe.
![]() |
Traballando no noso porfolio. |
Despois traballamos o nome das partes do corpo en galego a través dun xogo e despois plasmámolo nunha ficha que xa temos no noso porfolio.
Como vedes estamos xa traballando a todo gas no noso primeiro proxecto!