mércores, 16 de xuño de 2021

CLASE ONLINE DOS PEQUES DE 1º

O noso último proxecto deste curso chega ao seu fin, e coma sempre, tocou pensar que producto final realizaramos nesta ocasión. 

Dada a situación actual, as familias non puideron ser tan partícipes do día día no cole coma en outras ocasións, polo que esta vez decidimos que xa era hora de que participasen con nós na clase, e de que o producto final chegase a eles. 

Así que tras moito pensar, finalmente decidimos realizar unha clase online, na que os profes foron os nenos e nenas de 1º e os alumnos as nais e pais. Organizámonos por equipos, decidimos o que explicar, que experimentos queriamos mostrar e ata lle mandamos tareafas as familias!

Finalmente, o martes pola mañá fixemos unha conexión online e demos a nosa clase que aínda que empezou con moitos nervios rematou sendo un éxito!

Deixámosvos algunhas fotos e o enlace á gravación da sesión para todos e todas os que non a puidéstedes ver en directo. 

Gracias a todas as familias por facer posible este tipo de actividades!