Hoxe tocou de novo abrir o noso laboratorio e realizar novos experimentos.
En concreto comprobamos a resistencia e a conductividade dos materiais. Fixémolo con dous experimentos moi divertidos; no primeiro metimos un ovo dentro dunha bolsa de agua con sal, e no segundo comprobamos nun circuito que materiais conducían a electricidade e cales non.
Coma sempre, seguimos o método científico, no que comenzamos por observar e facernos preguntas e continuamos desenvolvendo unha hipótese.
Despois realizamos o experimento, e finalmente analizamos os resultados e sacamos unha conclusión.
Deste xeito, estamos aprendendo pouco a pouco as propiedades dos materiais, pero sempre a través da experimentación e a práctica.