martes, 21 de decembro de 2021

VISITA DA POLICÍA LOCAL

Tivemos unha visita moi especial para rematar o trimestre e o noso proxecto "Ciudadela". Viunos visitar a Policía Local de Santiago para explicarnos o traballo da policía e para recordarnos normas de circulación de peóns pola rúa. Falamos dos pasos de cebra, dos semáforos, de como temos que ir pola rúa, etc.

Pero o que máis nos gustou foi que nos montaron un pequeno circuito na biblioteca do cole e puidemos practicar as normas viarias coma peóns e tamén coma vehículos.