venres, 21 de xuño de 2024

FIN DE CURSO 
Queridas familias!
Queremos compartir con todos vós, unhas imaxes da celebración do derradeiro día de clase con tódolos compañeiros e compañeiras de primaria, na que cantamos o Himno Galego.
Rematamos o día, recibindo un ben merecido Diploma, no que nos felicitan polo excelente traballo realizado durante todo o curso.......máis que merecido!!!!!
O próximo curso seremos un pouquiño máis maiores e iremos para segundo, pero estamos seguros de que non perderemos o noso entusiasmo e sorriso.
Desexamos que teñades unhas moi boas vacacións de verán!!!