Hoxe visitamos a Praza de Abastos da nosa cidade para aprender onde se poden mercar os productos máis frescos para que a nosa alimentación sexa o mellor posible.
Continuando co proxecto esta saída ten a intención de que os nenos aprendan a valorar a importancia de levar un dieta equilibrada e variada. Ademais aprendemos a comportarnos adecuadamente pola rúa sen berrar, respectando ás demais persoas que estaban mercando, a escoitar e facer preguntas de forma respectuosa...
Entre outras cousas, na nosa visita á praza tivemos a oportunidade de visitar algún dos postos que ali hai como a carnicería, a pescadería, a froitería, a panadería...
Previamente, na clase traballamos como facer unha lista da compra e durante a nosa visita buscamos os alimentos que tiñamos apuntados nela para aprender onde se pode mercar cada un deles.
Foi unha mañá diferente que nos vai axudar a completar os nosos coñecementos sobre o coidado do corpo humano, e que nos fixo coñecer unha parte moi importante da nosa cidade.
Fai clic na imaxe para ver máis. |