mércores, 15 de novembro de 2017

O sistema dixestivo

O noso proxecto está dividido en catro tarefas; poderiamos decir que son catro partes nas que o estruturamos e coas actividades que estamos a facer imos cubrindo os obxectivos de cada una delas.

A semana pasada rematamos a primeira tarefa que consistía en poder contestar á pregunta de "Cales son as partes do corpo humano?" e despois de traballar as partes do corpo, os ósos, os músculos, os dentes... creemos que xa a contestamos de sobra...

Por esa razón, hoxe comezamos a intentar responder a segunda pregunta que é "Como funciona o noso corpo?", e tocounos ver o sistema dixestivo. 

Comezamos reflexionando sobre o que sabíamos antes de comezar...




E continuamos coñecendo a Pepín, que nos explicou que órganos eran os que participan na dixestión, e así pouco a pouco comezamos a nosa nova aprendizaxe...

Pepín explícanos que órganos participan na dixestión. 
Para entender completamente o proceso vimos uns vídeos que nos explicaron todo con detalle, e ademáis aprendemos a ler códigos QR coa tableta. 

Trátase de utilizar unha aplicación que xa temos instalada na nosa tableta e de acercar a cámara ao código e automáticamente aparece un vídeo explicando a parte do percorrido. 

Foi divertido ver as súas caras de asombro co descubrimento, e entre tanta emoción aprendemos o proceso que realiza a comida no noso corpo. 

Códigos QR para coñecer o sistema dixestivo.


Finalmente vimos un vídeo un pouquiño máis longo que nos aportou máis información sobre este proceso e reflexionamos sobre todo o que aprederamos. 

Desde logo unha tarde moi produtiva!