Un proxecto é algo máis que facer actividades sobre un tema, ten que ter coherencia e estar ben estruturado, ter un fin, un obxectivo final... e por iso creemos que recibir visitas externas nos axuda a completar o noso traballo e ampliar coñecementos.
Por todo esto recibimos no noso colexio a una doctora, que ademais disto é nai dun neno do cole, e que nos deu unha auténtica clase propia de alumnos de universidade!
Begoña falounos dos ósos, dos músculos, do aparato dixestivo, o aparato respiratorio, o circulatorio, das funcións que exercen o cerebro e o corazón, dos sentidos e de moitísimas cousas máis... pero non solo falamos, porque tamén experimentamos, por exemplo, oíndo os latidos do corazón...
Foi unha tarde moi interesante e moi especial na que aprendemos moitas cousas e seguimos ilusionándonos e motivándonos co noso proxecto.
Moitísimas gracias pola túa colaboración e bo facer Begoña.
Deixámosvos fotos desta estupenda sesión.
Fai clic na imaxe para ver máis. |