martes, 1 de maio de 2018

Tardes de ciencia - Visita dunha experta

Ao longo de todo este proxecto dedicado aos inventos tamén faremos algúns experimentos para demostrar certos aspectos da física e da química que foron descubertos por moitas persoas ao longo dos anos. Serán as nosas tardes de ciencia.

Onte visitounos Saínza, unha experta en química e enxeñería medio ambiental, e que nos explicou moitas cousas interesantes sobre o traballo nun laboratorio. Ademáis fixo algúns experimentos e nos contou cousas moi interesantes.

Deixámosvos algunhas fotos da sesión de hoxe e da semana pasada. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.

Fai clic na imaxe para ver máis.