Hoxe na clase traballamos as nosas habilidades socioemocionais, tratando de poñernos en diferentes situacións e pensando como se comportaban as persoas das que falabamos.
Intentamos ver se eran ratos que fuxen dos problemas, dragóns que se enfadan e non controlan as súas emocións ou cerebros, que pensan e tratan de buscar unha solución a través do diálogo.
Deste xeito, pouco a pouco aportamos certas estratexias aos pequenos para que aprendan a afrontar os problemas e adversidades que vaian atopando.