Onte tivemos unha nova tarde de ciencia na que aprendemos algunhas propiedades da auga como a cohesión e a adhesión, pero sempre a través da práctica e a experimentación.
Tamén aprendemos como transportan a auga as plantas polo seu interior e o que é a tensión superficial da auga e como rompela.
A través da realización de pequenos experimentos, que os nenos e nenas poden reproducir na casa, probando, facendo suposicións e predicindo acontecementos, traballamos o noso pensamento e a nosa capacidade de predicir situacións á vez que nos divertimos xogando. A ciencia mola, e esta é a mensaxe coa se quedan os nosos peques con estas tardes de ciencia divertida!
Fai clic na imaxen para ver máis. |