Esta semana rematamos a nosa viaxe xunto con Draco, o dragón que tiña bastantes dificultades para xestionar as súas emocións.
Con el emprendemos unha aventura a través da concienciación emocional, da autoestima, a regulación emocional, a empatía, as habilidades socioemocianais, e por último esta semana, a resolución de conflictos. Trátase dunha viaxe que evidentemente continuará porque senón todo o traballo realizado nos últimos meses non tería ningún sentido.
Neste caso para a resolución de conflictos propuxemos un espazo no recuncho da calma que pasa por catro estadios diferentes, no que os nenos deben primeiro controlar o seu enfado e converterse en "cerebros", despois explicar o problema, decir como se senten e por último, propoñer unha solución ao problema.
Esperamos que todo este traballo desgranado semana a semana desde xaneiro continúe tamén na casa de cada un dos nosos peques para que verdadeiramente sexa efectivo.
Deixámosvos unhas fotos co noso amigo Draco, que sempre será un máis da nosa clase.