Esta semana traballamos os medios de transporte. Comezamos realizando unha rutina de pensamento nova que se chama "Compara e Contrasta" e que consiste en realizar unha comparación de semellanzas e diferenzas entre os medios de transporte antigos e os modernos.
Aínda que ao principio nos costou un pouquiño pensar nas similitudes e diferenzas, finalmente os peques conseguiron aportar boas ideas. Deste xeito, pouco a pouco, aprendemos a pensar e a reflexionar sobre os asuntos que nos propoñen e nun futuro serán capaces de facelo por eles mesmos sen dificultade.
Despois fixemos un mural no que clasificamos os antigos e os modernos. Unha tarde de traballo moi produtiva. Deixámosvos algunhas fotos.
Fai clic na imaxe para ver máis. |