Un dos obxectivos das paisaxes de aprendizaxe é poder estimular todos os tipos de intelixencias, e por iso realizamos actividades variadas que abarquen diferentes ámbitos.
A última actividade da nosa paisaxe de aprendizaxe foi crear unha canción que falase de todo o que aprendemos na unidade, e así o fixemos.
Hai algunhas semanas dedicamos unha sesión a dar ideas para a canción e coa axuda da profe, pouco a pouco fomos cadrando a música coa letra, creando unha pequena composición.
Esta semana, aproveitando o "bo" tempo, gravamos un pequeno videoclip para mostrarvos a todos o que aprendemos.
Uns auténticos artistas que solo pensan na próxima paisaxe e en todo o que imos aprender!
Deixámosvos en primicia o videoclip presentado na TV CASA DO NENO.