Hoxe falamos na clase sobre a tristeza, unha das emocións máis básicas que imos traballar.
Como xa vos contamos en entradas anteriores, Draco, o noso amigo dragón ten algunhas dificultades para entender as súas emocións, e o mesmo lle pasa aos nenos e nenas de primeiro, que ás veces lles costaba identificar as súas propias emocións.
Por esta razón, semana a semana iremos vendo as emocións máis básicas, para ir entendendo como identificalas e como xestionalas.
O noso panel das emocións vai crecendo e pronto incorporaremos as nosas fotos para poder posicionarnos a diario segundo como nos sintamos.
Deixámosvos algunhas fotos de hoxe.