Rematamos o trimestre facendo o produto final do noso primeiro proxecto.
Aprendemos como é o noso corpo por dentro e por fóra, e tamén a coidalo, e nesta misión que sempre temos de que os proxectos non se queden dentro da nosa clase, senón que camiñen e cheguen a máis xente, decidimos que sería unha boa idea ensinar aos máis pequenos do cole a coidar tamén o seu corpo.
Deste xeito, gravamos uns pequenos consellos que ao longo de toda a semana as profes de infantil lles están poñendo aos compañeiros de segundo ciclo, para que eles aprendan tamén as cousiñas das que nós falamos na clase.
Deixámosvos aquí o noso produto final que con tanto cariño preparamos e esperamos que a vós tamén vos sirva para aprender moitas cousas.