mércores, 27 de xaneiro de 2021

O NOSO PRIMEIRO PLAN DE EQUIPO

Onte comenzamos a realizar unha nova tarefa para nós que é o plan de equipo. 

Dentro da aprendizaxe cooperativa coa que estamos practicamente empezando este curso, realizamos un pequeno plan de equipo no que comenzamos a tomar decisións como grupo. 

En primeiro lugar eliximos o nome do noso equipo, tendo en conta a temática do proxecto. Para facelo nesta ocasión fixemos unha chuvia de ideas, e sobre ela escollemos entre todos o nome do noso equipo. 




Despois, deseñamos un logo que nos representase e que tivese que ver co nome do noso equipo. 

Para rematar decidimos dous compromisos que como equipo trataremos de cumplir, e cada membro unha cousa á que se compromete ao longo do trimestre. 

Trátase dunha rutina de pensamento que nos axuda a reflexionar sobre a importancia do traballo en equipo, que nos ensina a escoitar aos demais e a ofrecer o noso punto de vista, algo que de momento nos costa un pouquiño, pero que pouco a pouco traballamos para mellorar.