Rematamos a semana iniciándonos na aprendizaxe cooperativa, un dos nosos pilares metodolóxicos; aínda que xa levababamos algúns días sentados en grupo, isto non significa traballar de forma cooperativa, e así intentamos explicarllo aos nosos peques.
Por esta razón, comezamos reflexionando sobre o que significa formar un equipo e a importancia que teñen cada un dos membros dentro del.
Dentro da aprendizaxe cooperativa, cada membro do equipo desempeña un rol diferente, que dependendo das idades ten máis ou menos responsabilidades.
Nós, que estamos en primeiro temos unhas responsabilidades adaptadas ao noso nivel e desde o xoves, cada un de nós desempeña un rol especial dentro do seu equipo.
Os roles que temos son o de COORDINADOR, SECRETARIO, PORTAVOZ e SUPERVISOR, e debemos desempeñalos ao longo de todo o trimestre. Deste xeito, intentaremos que todos os nenos pasen por todos os roles ao longo do ano, na medida do posible e sempre tendo en conta a organización dos novos equipos de forma trimestral.
E despois de explicar cada un dos roles, por fin conseguimos saber que nos tocaba a cada un.
De momento, todos se comprometeron a desempeñar o seu rol de forma responsable e así o están a facer.
Seguirémosvos informando de como avanza isto do cooperativo...