Este curso vai chegando ao seu fin, e con el o traballo por proxectos. Se facemos un resumo rápido, o balance é moi positivo xa que aprendemos moitísimas cousas e sobre todo desfrutamos de todo o camiño percorrido.
Por todo isto, o pasado venres día 15 quixemos compartir coas nosas familias o duro traballo realizado durante o trimestre, e poder explicarlles de primeira man o aprendido.
Como xa todos e todas sabedes, en cada proxecto sempre pensamos no seu produto final que ten que ter un fin emprendedor; sempre intentamos que o que aprendemos chegue aos demais, xa sexa á clase do lado, a outros nenos, ao barrio, ás familias...
Por esta razón, cando comezamos na clase a pensar no produto final de Eureka tivemos claro desde o primeiro momento que esta vez compartiríamos con toda as nosas familias, e así o fixemos.
Desta primeira idea apareceu a posibilidade de crear un Museo, pero non un museo calquera, un museo interactivo, porque os visitantes poderían participar, e por suposto, que tratase sobre os inventos.
E así comezamos a facer invitacións, preparar as salas, a elaborar as entradas de acceso, a xerar carteis que o anunciasen, elaborar equipos de traballo, pensar o que iamos a dicir, o que queriamos mostrar, como o fariamos...
E tras todo o duro traballo de preparar un museo, por fin chegou o día. Moitos nervios pero un resultado estupendo. Os pequenos e pequenas de 1º de Educación Primaria deron todo o mellor de sí mesmos e expuxeron para as súas familias todo o traballado durante este último proxecto do curso.
Queremos destacar o gran mérito que ten que nenos e nenas de 6 anos realicen unha exposición, falen en público e expliquen dun xeito tan reflexivo todo o seu traballo. Cando vos falamos de metacognición nos referimos a todo o realizado durante esta tarde, que axuda aos nosos pequenos a ser conscientes do seu proceso de aprendizaxe e a aprender a pensar no que están facendo.
E gracias a todos os que viñéchedes ata o cole o venres e nos axudástedes a facer posible esta actividade, non solo coa vosa presencia senón co voso apoio e comprensión. Porque todo isto non sería posible sen a vosa colaboración e axuda.
Deixámosvos algunhas fotos deste día tan especial para todos.
Fai clic na imaxe para ver máis fotos do Museo Interactivo dos Inventos. |