Dentro do proxecto sobre o corpo humano e despois de aprender sobre a importancia dunha boa e saudable alimentación, propuxémonos investigar e pesar a cantidade de azucre (un compoñente de moitos alimentos que hai que inxerir en poucas cantidades) que conteñen alimentos que tomamos de xeito regular. Galletas, zumes, refrescos, iogures... serviron para aprender a usar as pesas e básculas.