venres, 15 de marzo de 2019

FACEMOS O CAMIÑO DE SANTIAGO

Ao longo desta semana estivemos coñecendo a importancia e características do Camiño de Santiago.
Primeiro falamos da importancia da Catedral como templo ao que se desexa chegar, para despois coñecer aos peregrinos e as súas características ao longo da historia (como viaxan, que levan e por que...), e acabamos a semana facendo O Camiño!
Puidemos coñecer cinco dos camiños que chegan a Santiago: o francés, o portugués, o do norte, o inglés e o da vía da plata. Cada equipo investigou e traballou cada camiño a través de mapas que nos permitiron coñecer curiosidades sobre as diferentes paradas que corresponden a cada traxecto.
E para finalizar, creamos un mapa de Galicia cos cinco camiños, colocando o nome de cada vila, por onde pasa o Camiño, e unha imaxe característica de cada unha.