Rematamos este trimestre levando os alimentos recollidos durante a campaña de Nadal ao Centro Don Bosco. Alí explicáronnos como os distribúen e a quén van dirixidos.
Aínda que solo é unha pequena pinga dentro dun gran océano, pouco a pouco sementamos os valores da solidariedade e da conciencia social, xa que é importante que saibamos que moi preto de nós hai xente pasando dificultades e que non podemos pechar os ollos ante estas situacións.
Fai clic na imaxe para ver máis. |